domingo, 30 de noviembre de 2014

La Voz de Galicia e o lobo

A semana pasada, Europa Press facíase eco dunha noticia sen excesivo interese. Un burro propiedade da moi recomendable casa rural da Fervenza, en O Corgo, fora predado polos lobos da zona.

Como podedes ver na ligazón da nova, a axencia recollía as declaracións do responsable do establecemento, que transcribo:

"Aunque era un animal muy querido por todos nuestros visitantes y por nosotros y muy entrañable y logicamente lo lamentamos, nosotros somos defensores del lobo, que también es un animal mítico. (...). Hay que verlo como positivo, que a quince km de la ciudad (de Lugo) podamos tener el lobo conviviendo. (...). A la vez que es triste la noticia, también es fascinantes porque no deja de ser una nota del buen estado de salud del bosque de A Fervenza".

Posteriormente, La Voz de Galicia recollía a nova baseándose na nota de Europa Press. Pero curiosamente, solo nunha parte dela, xa que os últimos parágrafos recollendo estas salientables declaracións non aparecían recollidos, como podedes comprobar.

En cambio e nun alarde de creatividade, sí aparecían expresións de colleita propia, tales como "las alimañas devoraron la res".

Trátase dun despiste? Trátase do moitas veces comentado descoñecemento de gran parte da prensa en materia ambiental? Ou vai un paso mais aló e reflicte unha premeditación no tratamento da información cara un determinado enfoque?